Xinzo de Limia Concello

Xinzo suspende a segunda feira do mes tras o repunte de casos activos: de 9 a 23 en sete días

WhatsApp Image 2020-12-22 at 18.23.20
WhatsApp Image 2020-12-22 at 18.23.20

O Concello de Xinzo acordou hoxe, despois da reunión do comité clínico e da que mantiveron a Vicepresidencia e a consellería de Sanidade da Xunta de Galicia coas policías locais de toda Galicia, suspender a feira do próximo día 27, dada a negativa evolución da covid-19 no municipio durante os últimos días. 

Ademáis, tivo tamén en conta a información facilitada esta mañá pola Vicepresidencia da Xunta e de Sanidade, que deron conta da aparición de brotes en tres localidades galegas como consecuencia precisamente da celebración de mercadillos.

En todo caso, a decisión do goberno local de Xinzo, que foi consultada e acordada coa oposición, ten que ver sobre todo co repunte da curva de contaxios na localidade durante os últimos días. Así, dende pasado día 15 (a feira pasada tería que ser o 14, si ben tamén se suspendeu) produciuse un incremento paulatino dos casos activos, pasando de 9 ese día aos 23 de hoxe, o que supón triplicar a incidencia.

Aínda que nun principio no se descartaba a celebración desta segunda feira do mes no caso de que houbera unha redución de casos, dada a evolución adoitouse a decisión de suspendela.

A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, considera que non é o momento de relaxarse, senón de facer todo o contrario: extremar as precaucións, que é a única maneira de evitar contaxios e en último caso, mortes.