Xinzo de Limia Concello

As xornadas sociosanitarias premiadas ca beca de Medicina Rural abordarán en Xinzo temas como a morte eticamente asistida

Son unhas xornadas de premio e así queda demostrado no interesante programa que ofrecen en Xinzo. A Asociación de Médicos Galegos e a Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia veñen de proclamar gañador da primeira beca de Medicina Rural o proxecto do equipo de Cristina Margusino, que promoveu as xornadas de atención sociosanitaria de A Limia.  Está previsto que o 5 de xuño se retomen na Casa de Cultura da vila despois dun parón pola pandemia e que asistan una decena de poñentes entre profesores universitarios, médicos, enfermeiros ou traballadores sociais, entre outros.

A iniciativa, que leva por título “Acompañando ao longo da vida”, comezará ás 9.45 horas coa presentación e benvida da alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama. Dúas mesas redondas compoñen a programación. A primeira xirará entorno aos procedementos nos coidados do paciente e trataranse temas tan interesantes como a morte eticamente asistida ou a nutrición en persoas maiores e en pacientes en situación paliativa. Na segunda mesa serán protagonistas as vivencias de médicos, traballadores sociais e incluso de familiares de pacientes, que falarán de asuntos como os prexuízos en coidados paliativos. A clausura está prevista para as 13.30 horas a cargo de Félix Rubial, xerente da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valadeorras.

Estas xornadas que agora volven a poñerse en marcha en Xinzo foron deseñadas para favorecer o encontro dos axentes que atenden á poboación e os veciños para describir problemas relacionados coas enfermidades e a forma de afrontalos. O Concello agarda que esperten gran interese entre a cidadanía, xa que tal e como se explica no plan de traballo desde proxecto, nunha zona rural como a de A Limia a relación entre pacientes, coidadores, institucións municipais e organizacións sociais é estreita.

 

Neste concello con poboación maior, pacientes pluripatolóxicos con coidadores de similar idade e sen servizo de hospitalización a domicilio, ademais dun problema médico existe unha problemática social. Cómpre destacar que nesta área nunca se levou a cabo un proxecto destas características.