1º Premio do concurso de Beléns do Bispado de Ourense
Para os nenos de Educación infantil de 5 anos do CEIP CARLOS CASARES, elaborado con mazurcas de millo

Hoxe ás 11:30 horas o Bispo de Ourense fixo entrega aos alumnos que representaron a todo o curso de 5 anos do CEIP Carlos Casares, que se alzaron co 1º posto no concurso de Beléns que organiza cada ano a nivel provincial.
Asistiron ao acto de entrega do galardón ademais do Bispo, varios vicarios e o párroco da vila D. Tomás Delgado. Tamén estiveron acompañando o alumnado Socorro (a profesora) e o técnico de Cultura do Concello Alfonso C. Lois.