O alumnado de 3 anos do CEIP Carlos Casares visitou a biblioteca municipal
O día 24 de outubro foi o DÍA DAS BIBLIOTECAS e os nen@s de 3 anos do CEIP CARLOS CASARES quixeron celebralo acudindo a unha cita ineludible: "VISITA A BIBLIOTECA PÚBLICA DE XINZO DE LIMIA".
A chegada estaba esperando a biliotecaria Manola. Moi amablemente fíxonos un pequeno percorrido polas diferentes estancias nas que se atopa divido este espazo de sabedoría,maxia e misterio. Presentándonos as últimas novedades literarias.
Logo despois, asistiron a un contacontos relacionado coa festa do samaín: "CORRE, CORRE CABACIÑA".
E para rematar puideron disfrutar da sección infantil, sen dúbida ningunha o lugar preferido polos meniñ@s. Manipulamos, disfrutamos das ilustracións e ata interpretamos algún conto.
Unha experiencia fascinante para tod@s, que resalta a importancia, non só no DÍA DAS BIBLIOTECAS senón sempre de estar en contacto cós libros.