Aneis teatro pecha o III Festival de Humor en Galego coa obra "Rúa da tranquilidade" en Xinzo de Limia
A obra era de balde e para todos os públicos
O día tres de xuño representouse, no auditorio da Casa da Cultura de Xinzo de Limia, a obra “Rúa dá tranquilidade”.
A compañía Aneis teatro moveu a moito sveciños e veciñas, tanto familiares como amigos e xente que ama o teatro, a ver a súa produción, que logra que unha hora pásese voando. En cada escena, a polémica estaba servida. Os espectadores preguntábanse que podería estar pasando e incluso increpaban aos personaxes que facían a vida difícil aos protagonistas.
Esta representación non só tiña o obxectivo de amenizar a tarde cun guión fantástico cheo de xiros inesperados e personaxes esperpénticos, senón tamén de recadar comida non perecedoira para Cáritas.