A banda de gaitas B, campioa na súa categoría
No IX Certame Celtibérico de bandas de gaitas
A banda de gaitas B do Concello de Xinzo acaba de proclamarse campioa da súa categoría no IX Certame Celtibérico de bandas de gaitas que hoxe pola mañá (domingo 29.07) se celebrou en Manzaneda.
Como todos os anos a estación de Manzaneda, cumio de Galicia foi o lugar escollido para a última fase do campionato. As dúas anteriores fases foron en Quiroga e Ribadavia, onde a banda hoxe campioa, tamén o foi nesas dúas fases.
Fernando Dopico, director da banda, quere mostrar o seu agradecemento persoal e en nome de todos os compoñentes da banda, aos país, familiares e o propio Concello de Xinzo, pola aposta que fai durante todo o ano a música.
Ata Manzaneda trasladouse coa comitiva o concelleiro de Cultura Carlos Gómez, que en todo momento estivo apoiando a expedición de Xinzo formada non solo polos músicos, se non tamén por un nutrido número de acompañantes.