A Banda de Gaitas B campioa
No 2º grao do XI certame Celtibérico de Bandas de Gaitas celebrado en Vilariño de Conso
No certame celebrado na mañá do sábado 25 de xaneiro en Vilariño de Conso a banda B da Escola Municipal de Gaitas e Percusión do concello de Xinzo proclamouse campioa no grao 2 na 1ª fase, quedando outras dúas fases máis para rematar o campionato.
Neste grao 2º participaron seis bandas vidas dende Asturias, Ferrol e as outras da provincia.
A segunda fase celebrarase en Quiroga o sábado de Semana Santa. A banda B esta composta por 30 membros dende os 8 ata os 14 anos, sendo a media de 12 anos. Nin que dicir ten que o camiño de volta no autobús que os regresaba a Xinzo foi do máis alegre e ruidoso.