Celebración de fin de curso da Academia Danzón
“Os soci@ s xeniais” abriron o evento cunha versión de “A saia de Carolina”.

Onte, día 17, tivo lugar a celebración de fin de curso da Academia Danzón. A praza Carlos Casares estaba tan repleta que tiveron que poñerse 60 cadeiras máis das que nun principio se previron. Acompañado por un sol radiante, o evento dio comezo ás 19:45 cunha actuación moi especial: “Os soci@ s xeniais”, grupo musical do LIMISI, que abriron cunha versión de “A saia de Carolina”.
Vimos pasar a grandes, pequenos, non tan pequenos... Baile moderno, danza, baileterapia...
Foi un evento moi especial no que mesmo o público tivo o seu momento de participación.
Parabens a todos e todas os/as participantes e grazas por compartir con nos o que aprendestes neste curso.