Xinzo de Limia Cultura

Celtia Figueiras trae a primavera a os nenos e nenas de Xinzo

O acto foi ás 12:00 no auditorio da Casa de Cultura

PHOTO-2018-05-23-12-13-34
Contos de primavera

Hoxe, día 23, os alumnos e alumnas de 2º de primaria dos dous colexios de Xinzo de Limia asistiron á obra da contacontos Celtia Figueiras, “Contos de primavera”, no auditorio da Casa de Cultura.

A obra durou 40 min. nos que os nenos e nenas gozaron de historias de fadas, de flores, da vida no campo e da fantasía e cor que nos trae esta estación do ano.

Como información adicional, contar que a artista Celtia Figueras, con máis de 500 actuacións ás súas costas, reivindica recuperar a narración oral como parte da pedagoxía infantil.