Xinzo de Limia Cultura

O Concelleiro celebrou o día das bibliotecas cos usuarios da de Xinzo

Agasallóunos cun exemplar de ”A marxe do Limia” editada polo concello

VISITA DO CONCELLEIRO DE CULTURA Á BIBLIOTECA ANTELANA CO GALLO DO DÍA DAS BIBLIOTECAS
VISITA DO CONCELLEIRO DE CULTURA Á BIBLIOTECA ANTELANA CO GALLO DO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Co gallo da celebración do día da Biblioteca, 24 de Outubro, o Concelleiro de Cultura do Concello de Xinzo de Limia, visitou a Biblioteca Antelana para dirixir aos/as usuarios/as máis asiduos/as da mesma unhas palabras de felicitación e agradecemento pola súa constancia no uso da Biblioteca pública de Xinzo de Limia para as súas horas de estudo e lectura persoal. Animou a todos/as a seguir usando deste equipamento municipal para a súa formación  e a difundir entre amigos, familiares e coñecidos os beneficios da lectura como fonte de enriquecemento cultural. Indicou que o fomento da lectura e a mellora das condicións do equipamento da Biblioteca Antelana é unha das preferencias e obxectivo primordial da  concellería de cultura e que se fará todo o posible por milloralas. Finalmente, agasallou aos/as usuarios/as presentes a tarde da

celebración co libro " A marxe do Limia", editado polo Concello de Xinzo de Limia no ano 2017, co gallo da celebración do ano das letras galegas dedicado a Carlos Casares, pois recolle en 125 páxinas, unha escolma das mellores columnas xornalísticas do autor de " A marxe", sobre todo as que fan algunha referencia a Xinzo de Limia, pobo no que pasou a súa infancia e xuventude.