O CONCELLO INVITA AO MAGOSTO A TODOS OS VECIÑOS
O sábado 9 de novembro na praza de Oriente
![IMG-20191105-WA0000](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/xinzodelimia/images/2019/11/05/2019110517094926318.jpg)
O Magosto organizado polo Concello de Xinzo comezará a súa celebración ás 18:00 polas rúas do casco vello coa actuación dos grupos Os Galos D´ Antioquía, Lirolaio, Cantaralai e as Bruxas.
A partir dás 20:30 comezará a celebración cunha churrascada popular na que non faltarán as castañas asadas, costela e pacenta "adobada con foliada" ata que o corpo aguante.
Colaboran coa organización do Concello as empresas COREN, CABREIROÁ e a DO. MONTERREI.