O Concello promoverá o turismo e a gastronomía en Xantar
A imaxe principal será o Entroido
O Concello asistirá un ano máis na feira XANTAR cun stand propio, un pouco mais grande que os anos pasados, no que a imaxe principal será a festa do Entroido que por primeiro ano está declarada de Interés Turístico Internacional.
No stand ademais da festa tamén se aproveitará para promover a gastronomía neste caso o produto estrela da comarca a pataca.
No acto de inauguración, mañá haberá unha degustación de pinchos cuxo principal ingrediente sexan as patacas. Un restaurante da vila será o encargado da degustación a tódolos que pasen polo stand, que lucirá un mural, que ata este momento e segredo, aínda que xa se sabe que o slogan escollido será, Xinzo, posiblemente o mellor entroido do mundo.
Durante os demais días da feira tamén se poderán degustar patacas fritas elaboradas polas dúas empresas que se dedican en Xinzo a transformación do tubérculo.
A inauguración ademais de todos os membros da corporación municipal está invitado o presidente da Cámara de Montalegre.
Creemos que tanto a hostalaría, como os bares de pinchos, e como non o Concello tíñamos que enxalzar máis o produto da nosa terra, a pataca. (Elvira Lama)