Xinzo de Limia Cultura

O Concello de Xinzo de Limia impulsa a Torre da Pena cunha visita teatralizada a través da Asociación Platea Lúa e da Deputación de Ourense

Esta actividade enmárcase dentro dun plan promovido e financiado pola Deputación de Ourense que percorrerá 25 puntos de alto interere turístico de xullo a novembro.

Visita Teatralizada á Torre da Pena
Visita Teatralizada á Torre da Pena

Xinzo de Limia, a 09 de outubro de 2023.  Este sábado tivo lugar unha visita teatralizada á Torre da Pena na que participou un grupo próximo ás 50 persoas. Trátase da primeira actividade dun novo plan de posta en valor do patrimonio material e inmaterial de Xinzo de Limia, con especial atención ás contornas naturais e ós feitos históricos que agochan construcións tan senlleiras como a Torre da Pena ou o Mosteiro de Trandeiras

Durante a visita, a Asociación Cultural Platea Lúa teatralizou a historia da Torre da Pena, recreando protagonistas tan destacados coma Inés de Castro ou o Conde de Monterrei, que debateron con toques de humor sobre a titularidade das propiedades da Pena á vez que percorrían a súa historia.

O Concello de Xinzo de Limia congratúlase polo éxito desta actividade, e o concelleiro Ricardo Sieiro sinala que “estamos potenciando o patrimonio do noso Concello e seguirémolo facendo. Esta foi tan só a primeira dunha serie de actividades que se irán realizando por todo o territorio limiá nos vindeiros meses”.