Terceira edición do premio literario de narrativa curta en galego
O fallo do xurado farase público antes do día 17
O Concello de Xinzo de Limia, coa colaboración dos I.E.S. Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía, os C.E.I.P. Carlos Casares e Rosalía de Castro e os centros escolares da Limia, convoca a terceira edición do premio literario de narrativa curta en galego.
A Concellería de Cultura fai públicas as bases polas que rexerá este “III Concurso literario infantil e xuvenil Carlos Casares de narración curta”, convocado co gallo da celebración das Letras Galegas 2018, xusto un ano despois de que se homenaxeara a dito escritor nesta mesma efeméride.
Poderán concorrer a este premio os/as nenos/as e mozos/as que presenten, en prazo e forma, un relato escrito inédito, da súa autoría e redactado en lingua galega de acordo coa normativa oficial vixente. Haberá dos categorías: infantil, para nenos e nenas nacidos nel 2006 o posteriores e xuvenil, para mozos e mozas nacidos entre 2000 e 2005. Os premios outorgaranse polo Concello de Xinzo en todas as categorías, e consistirán en bonos para material escolar, un diploma e unha placa.
Para a categoría de xuvenil, os números de folios serán mínimo cinco e máximo oito, e para a categoría infantil, o número mínimo de follas será dos e número máximo, cinco. A temática do concurso é libre e os escritos entregaranse, no caso de estar escritos no ordenador, en folio DIN A4 por unha cara, tipoloxía Times New Roman 12 ou Arial 12, entreliña de 1,5 ou 2. Tamén poderán presentarse traballos manuscritos.
Para mais información sobre as bases do concurso, tamén poderase acudir na Oficina de Cultura- Casa de Cultura.