Elvira Lama e Ramiro Rodríguez presentaron a programación do NADAL 19/20
Unha programación austera pola falta de orzamentos (Elvira Lama)
Hoxe luns 16 de decembro a alcaldesa Elvira Lama acompañada do concelleiro de Cultura Ramiro Rodríguez fixeron a presentación do programa deste Nadal que a propia alcaldesa cualificou de “austeros” ante a falta de orzamentos, esperando que a vindeira programación, xa cuns orzamentos elaborados por este equipo de goberno sexan os adecuados para unha vila como a nosa. Será o Nadal deste equipo de goberno.
AGRADECEMENTOS AS DISTINTAS ASOCIACIÓNS E COLECTIVOS
Primeiramente quixo a alcaldesa agradecer a colaboración de todas as entidades e asociacións así como escolas do Concello a colaboración prestada para levar a cabo este programa. Agradeceu especialmente a colaboración do comercio de Xinzo pola contribución na ornamentación con abetos alumeados facendo así que as rúas teñan un ambiente do nadal moito mais festivo.
A RECEPCIÓN AS SÚAS MAXESTADES DE ORIENTE SERÁ NO PROPIO PAVILLÓN DE DEPORTES
Debido a que as predicións meteorolóxicas anuncian un nadal chuvioso de momento a chegada dos reis magos farase directamente no pavillón de deportes onde se instalará un ano mais Limialandia.
Esperamos que despois deste Nadal moi austero, o Nadal 2020 programado con mais tempo e con outros orzamentos sexa un Nadal distinto e propio deste novo equipo de goberno.
TEATRO E MÚSICA
Aneis, o grupo teatral de Xinzo porá en escena varias obras en varios días comezando este mesmo martes , o mércores e rematando o día 3 de xaneiro.
O xoves 19 ás 20:30, a Escola de Gaitas e Percusión de Xinzo terá o seu festival de Nadal 2019.
O 20 venres será o alumnado do Conservatorio Profesional de Música o que ofreza ao público o seu tradicional Concerto de Nadal.
O 21 sábado os compoñentes da Escola de Música ESMULI ofrecera o concerto na Igrexa Nova a partir dás 20:00. O mesmo día e a mesma hora na Casa da Cultura será escola DANZÓN a que ofreza aos veciños a súa Gala de Nadal 2019.
PRESENTACIÓN DE DOUS LIBROS
O 26 xoves farase a presentación do libro de relatos de Delfín Caseiro e Jose A. Jardón, A luz da choiva. Ao seguinte día venres 27 farase a presentación do libro escrito por Miro Cerredelo sobre o centenario do Antela. As dúas presentacións serán ás 20:00.
Toda esta programación será anunciada día a día na páxina do Concello e nas redes sociais do Concello para que toda a veciñanza estea informada.