Xinzo de Limia Cultura

O Entroido 2020 xa está en marcha

A comisión encargarase previsiblemente da organización varios anos seguidos

IMG_20190918_203604

Haberá unha comisión de uns 10 membros , aínda que se poderán incorporar todos aqueles que queiras e que o vaian a facer para colaborar activamente, aínda que sexa para algunhas cuestións puntuais.

Na tarde do mércores quedou constituída a comisión do Entroido 2020, na que, no seu núcleo repetirán varias das persoas que xa o fixeron o ano pasado.

Ramiro Rodríguez, concelleiro de Cultura, presidiu a asemblea aberta  convocada para escoller a comisión que se faga cargo da organización do próximo Entroido.

Manifestou Ramiro que este novo equipo de goberno, non pretende romper con todo, nin moito menos. O que pretende é que todo o que se fixo ben, que é moito nos últimos anos continúe, e o que se fixo menos ben, que se poida mellorar.

TODOS OS QUE QUEIRAN,  PODEN FORMAR PARTE DA COMISIÓN

IMG_20190918_203609Dende a súa concellería non  se vai a pechar a porta a ninguén que aporte ideas e traballo, polo que aínda que hoxe a asistencia de veciños e veciñas non foi moi abundante, espera que na seguinte convocatoria, para o mércores da semana que ben, se poidan adherir máis compoñentes, aínda que o grupo de 6 persoas que o fixeron o ano pasado, quedaron encargadas de pórse a traballar na festa do 2020, entendendo que sería bo que a mesma comisión, aínda que con incorporacións anuais, fora a que ano tras ano se fixera cargo da organización.

COLABORACIÓN DA ASOCIACIÓN DA PANTALLA

Á reunión asistiron varias persoas representantes da asociación A Pantalla, para en principio escoitar as ideas do novo equipo de goberno, integrándose xa, despois da explicación de intencións por parte do concelleiro na comisión, aínda que dedicados exclusivamente aos aspectos tradicionais da festa, como poden ser, o domingo oleiro, ou o  colgamento do Meco.

Varias persoas das presentes xa se uniron as persoas que xa organizaron a festa o ano pasado, esperando ata a reunión do mércores que ven, no que aínda se poden incorporar máis persoas, aínda que a esa reunión xa irán ideas concretos a desenrolar este ano.

CONTINUIDADE NA COMISIÓN

Tanto á proposta dos compoñentes como do propio concelleiro, todos ben positivo que a comisión organizadora, teña unha vixencia de varios anos, para así poder abaratar custes en alumeado, charangas, orquestras, e infraestruturas, podendo quedar contratadas para varios anos, loxicamente con rebaixas nos seus presupostos.