O Entroido de Xinzo volveu a estar presente na festa dos Entroidos de Galicia en Santiago
Acudiu ao desfile a alcaldesa Elvira Lama

Por quinto ano consecutivo, a Xunta organizou hoxe esta actividade coa presenza de 14 celebracións de interese turístico e entroidos convidados.
Por quinto ano consecutivo participaron un grupo de persoas de Xinzo, representando o noso Entroido.
Este ano os participantes contaron co apoio institucional da alcaldesa Elvira Lama.