Os "Magos de Oriente" xa estiveron en Xinzo
Pasadas as 5 da tarde os 3 reis de Oriente saíron nun ha mesma carroza acompañados dos seus "pages" para dende a praza Carlos Casares e despois de achegarse a praza Maior seguir camiño ata o pavillón de deportes, que xa estaba ateigado de rapaces e rapazas, acompañados polos seus familiares, esperábanos.
Na entrada o recinto déronlle a benvida os concelleiros de Educación e Cultura, para acompañalos a eles e o seu séquito, do que formaba parte a cantante Miriam Salgado, ata o estrado onde estiveron presenciando as distintas actuacións que a Concellería de Cultura lle tiñan preparado, denantes de comezar a recibir primeiro os mais cativos e logo a todos os nenos e nenas que quixeron achegarse para uns saudalos, outros bicalos e outros subirse aos seus colos para ser fotografados polos seus pais.
Para ver as imaxes, prema aqui