O Magosto do Concello celebrarase o xoves 15
A partir das 20:00 na praza de Oriente

A celebración do magosto municipal, aprazado o sábado pasado por mor da chuvia, celebrarase este xoves día 15 a partir das 20:00 no mesmo lugar que estaba programado, na praza de Oriente.
A organización correra a cargo da concellería de Cultura e conta coa colaboración da firma COREN e do Consello Regulador de Denominación Monterrey.
A música correrá a cargo do grupo tradicional A Armada . O concello quere invitar a todos os veciños para que acudan a celebración.