O Mar de Antela nace coma un museo no IES Lagoa de Antela
Máis dun centenar de alumnas e alumnos do IES Lagoa de Antela elaboraron unha exposición con 10 animais marinos a tamaño real.
Xinzo de Limia, a 18 de outubro de 2023. No día de hoxe presentouse a exposición Mar de Antela, que pretende ser un referente moderno entre a historia natural dos mares galegos e a aplicación da tecnoloxía no contexto educativo.
Alumnas e alumnos de primeiro da ESO das asignaturas de bioloxía e xeoloxía, tecnoloxía e dixitalización, e artes plásticas; elaboraron dez figuras a tamaño real de animais marinos para crear unha fermosa exposición en formato Museo Histórico Natural. As recreacións están modeladas en cartón e centráronse na fauna marina galega empregando máis de 900 pezas de cartón nas reconstrucións e coa participación de máis de 100 alumnas.
Este proxecto de transformación de espazos promovido polo IES Lagoa de Antela contou co apoio do Concello de Xinzo de Limia para levarse a cabo. En palabras de Amador Díaz, alcalde de Xinzo de Limia, “con este proxecto demóstrase o potencial humano e intelectual da nosa Comarca”.