Música e premios literarios conformaron os actos do día das Letras Galegas 2019
Entregados os premios Carlos Casares de narrativa curta e "galiña azul" de debuxo
O primeiro dos actos foi a entrega de premios dos dous concursos de narrativa curta e de debuxo patrocinados polo Concello de Xinzo e a Fundación Carlos Casares.
O escritor limián Rafael Laso foi o encargado de ler o veredicto do xurado do premio de narrativa curta “Carlos Casares” para escolares de infantil-primaria e xuvenil -secundaria e bacherelato.Na categoría infantil a gañadora foi Eva Rodríguez González coa obra titulada “O galo que non podía cantar”
Na categoría xuvenil o primeiro premio foille outorgado a Alba Dominguez Marra coa obra titulada “O contrario de norte é amor”.
Concurso de debuxo “A galiña azul”
Público asistente a celebración
No apartado de debuxo o primeiro premio levouno Xian Mera Gómez do CEIP Carlos Casares por “A galiña expresionista”. O segundo foille outorgado a Lois Rivero Méndez do CEIP de Sandiás por “Un popurrí de coloríns”.
O xurado decidiu , pola calidade dos traballos presentados, conceder dous accésit a Aleix González Rodríguez e Carmen Chapado Novelle.
No concurso “A Limia é así” a gañadora foi Carla Domínguez Pérez do IES Lagoa de Antela por “É tradición e sentimento” e o segundo premio foi para Anass Nagihi Aboilibada , tamén do IES Lagoa de Antela por “Un traxe con sentimentos”.
ACTUACIÓNS MUSICAIS
Rematado o acto de entrega de trofeos déuselle paso a música de bandas coa actuación da banda Santágueda de Coles e a banda infantil da Agrupación Musical da Limia.