Os nenos e nenas abrazan ao río Limia en Xinzo
O VII abrazo realizarase o oito de xuño as 12 na zona do Toural
Hoxe día 5 de xuño, reuníronse os directores dos CEIP de Xinzo de Limia, a Policía Local, Protección Civil, o Técnico de Cultura e o Concelleiro de Deportes, Educación e Xuventude para organizar el VII Abrazo ao río Limia, que se realizara o venres 8 de xuño na nosa vila.
Os centros participantes serán o CEIP Carlos Casares e o CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia; o CE dás Lagoas, o EB1 de Ponche de Limia e o EB1 Trovela de Ponte da Lima (Portugal).
Os nenos e nenas dos centros de Xinzo de Limia xuntaranse cos nenos de Ponte da Limia que chegarán sobre as 10:30h na Praza Carlos Casares. Tras descansar un intre da viaxe, terá lugar o acto institucional no auditorio da Casa de Cultura coas autoridades tanto da Cámara de Ponte da Lima como do noso Concello.
Ás 12h, na zona do Toural, farase o simbólico Abrazo ao Limia, lectura dun texto de Delfín Caseiro e plantarase unha árbore. Ás 13.00 h os participantes comerán nos dous colexios e, aproveitando a estancia, ás 14.00 h visitarán o Museo do Entroido de Xinzo de Limia.
Ás 15.00 horas procederase á visita do nacemento do Río e, ás 17h, terminará a visita cunha excursión aos xardíns de Allariz.