Xinzo de Limia Cultura

Nenos e nenas de Xinzo e de Ponte de Lima abrazan ao río Limia

O Cónsul de Portugal para toda Galiza, visitou Xinzo para o evento

mosaico
Mosaico de fotos do abrazo

Hoxe día 8 de xuño, tivo lugar o xa mítico abrazo ao río Limia. Ás 11:00 da mañá, chegaban á Praza Carlos Casares os nenos e nenas dos colexios de Ponte de Lima, case á vez que baixaba o Cónsul de Portugal para toda Galiza do coche con obxectivo de apoiar este acto simbólico de irmanamento entre Galicia e Portugal.

 

Soaron gaitas, pandeiretas e tambores para dar a benvida aos compañeiros e compañeiras de Ponte de Lima. Dentro da casa de cultura, ás 11:30, o Cónsul, o Alcalde López Casas e o Concelleiro de Xuventude, Luís M. Gil, tiveron unhas palabras de compañeirismo e de irmanamento acompañados do Tenente Alcalde Manuel Cabas e o Concelleiro de Urbanismo, Ricardo Sieiro, apoiados nesa causa común, que é o ciudado e o amor cara ao Río Limia.

 

Tras este acto, os nenos e nenas de todos os colexios, marcharon camiñando cara á ponte peonil do río. Unha vez alí, comezaron a rodear a zona dados da man, ata conseguir ese simbólico abrazo ao noso río.

 

Algúns dos nenos leron fragmentos de textos que falaban do Río Limia. Nese momento, comezou a chover, o cal non impediu que, á retirada cara aos colexios, plantásese un ginkgo biloba como símbolo de fraternidade e de vida, que é o que xera o río ao seu redor.