As Pantallas percorreron as rúas de Santiago
Máis de 40 en representación do Concello e baixo a supervisión e organización da asociación da Pantalla trasladáronse ata a capital de Galicia, para participar na festas dos Entroidos de Galicia, organizado pola Secretaría Xeral de Turismo da Xunta de Galicia.
30 foron as pantallas que durante case catro horas correron as rúas de Santiago, saíndo da praza do Obradoiro e voltando preto das catro da tarde.
Fotos cedidas pola Asoc. A Pantalla.