Xinzo de Limia Cultura

Pilar Cernuda recibe o Premio de Xornalismo Literario Carlos Casares 2024 en Xinzo de Limia

Pilar Cernuda recibindo o premio Carlos Casares de Xornalismo.
Pilar Cernuda recibindo o premio Carlos Casares de Xornalismo.

Xinzo de Limia, a 21 de decembro de 2024. A edición 2024 dos Premios de Xornalismo Literario Carlos Casares celebrouse onte no Casino Antelano de Xinzo de Limia, unha gala que destaca a importancia da palabra como vehículo de expresión e reflexión cultural. Este ano, o galardón foi entregado á xornalista e escritora galega Pilar Cernuda, recoñecida pola súa extensa traxectoria profesional e o seu compromiso coa divulgación.

O evento contou coa presenza de numerosas autoridades, entre elas Amador Díaz, alcalde de Xinzo de Limia; Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia; Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense; Manuel Pardo, delegado do Goberno en Galicia; Carlos Gómez, concelleiro de Cultura; e Xabier Casares, presidente da Fundación Carlos Casares. Tamén estiveron presentes os premiados nas dúas edicións anteriores, Alfonso Vázquez-Monxardín e Antonio Piñeiro, quen acompañaron a homenaxeada nunha velada marcada polo recoñecemento ao xornalismo literario.

Durante o acto, conducido por Marcos Argibay, o secretario do xurado Rafael Laso leu a acta que destacaba os méritos de Pilar Cernuda para recibir este recoñecemento, e Héctor Díaz fixo a loubanza da premiada. Na súa intervención, o alcalde Amador Díaz destacou a profunda tradición xornalística de Xinzo, lembrando os primeiros xornais da vila no século XX e o importante papel que hoxe xogan os medios dixitais locais: “Este galardón é un tributo á palabra, que forma parte da nosa identidade colectiva, e á figura de Carlos Casares, cuxa obra segue inspirando novas xeracións,” afirmou.

A gala contou cun acompañamento musical a cargo de Mónica e Miguel, que lle puxeron fin á gala interpretando o Himno Galego