Os “Reis Magos” chegaron a Xinzo en coches clásicos
Un ano máis os nenos e nenas gozaron do percorrido da caravana das súas Maxestades
Cunha tarde soleada, aínda que fría, a hora prevista dá praza Carlos Casares, Melchor Gaspar e Baltasar, despois de repartir os primeiros caramelos e acompañados polos seus paxes saíron cada un nun coche descapotable de época cara o pavillón de deportes. Durante o percorrido foron moitos os nenos e nenas que acompañados por maiores temen fixeron o percorrido ao son da música que neste caso puxeron os membros da Agrupación Musical da Limia.
RECIBIMENTO NO PAVILLÓN
No pavillón de deportes xa esperaban á comitiva máis nenos e nenas que formaban colas para poder pasar a falar con eles no escenario que tiñan preparado para a ocasión.