Chegou o seu fin a programación musical de outono da ESMULI
Coa intervención da bnada de Arcade e da Limia
![bandas2](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/xinzodelimia/images/2018/12/02/2018120200284289567.jpg)
O auditorio da Casa da Cultura, foi o escenario das actuacións levadas a cabo polas bandas de música de Arcade e Xinzo.
Para rematar a programación musical de outono levada a cabo pola Agrupación Musical da Limia o sábado pola noite subiron ao escenario a banda de música Artística de Arcade que fixo as ledicias do público asistente coa interpretación de varias pezas, algunha delas do folclore mexicano.
O director da banda de Arcade,que segundo manifestou posteriormente Tielas, considérase de Xinzo, recibiu varios agasallos, por parte dos representantes do Concello e o Presidente da banda de Xinzo, así como dos propios compoñentes da banda xuvenil da Limia, que agradeceu moi emocionado o director da banda visitante.
Tocoulle pechar o os concertos a banda da ESMULI, interpretando entre outras pezas a alborada de Veiga.
Como de costume o director da banda de Xinzo, interviú para agradecer a presenza de todo o público, así como do Concello de Xinzo pola súa colaboración contínua e do Presidente da Agrupación.