O conservatorio abre o prazo de matrícula para a tempada que vén
O prazo será do 18 ao 28 de xuño

O Conservatorio profesional de música de Xinzo de Limia abriu o prazo de matrícula para a tempada que vén.
Os estudos impartidos no centro son: Música e movemento, Iniciación musical, Grao elemental e Grao profesional.
O horario de atención ao público será de 15:30 a 20:30 na secretaría do centro, e o prazo de matrícula será desde o 18 ata o 28 de xuño.
Como información importante, sinalar que se validan materias de E. S.O. e Bacherelato e que existen becas nos ensinos de Grao profesional.