Este sábado 21 deuse por finalizado o primeiro curso de Directores de Bandas
O acto de clausura finalizará o domingo
Na tarde do sábado 21 deuse por finalizado en Xinzo o primeiro curso de Directores de Bandas que dende Outubro se ven celebrando e que rematará mañá domingo. Coa presenza do Alcalde de Xinzo, López Casas, acompañado dos concelleiros de Cultura e Educación, Carlos Gómez e Luís M. Gil, e có presidente da Agrupación Musical da Limia Tomás, o presidente da Federación de Bandas de Galicia, Iván Estevez, o director da agrupación José L. Tielas e o poñente director do curso Javier Viceiro, celebrouse o acto de clausura.
Andrea Los de Italia e Yan Cover de Holanda foron os grandes mestres que impartiron clases maxistrais en Xinzo aos alumnos e alumnas do curso. Segun manifestou Jose L. Tielas, estes dous profesores virán o ano que ven outra vez para o curso de perfeccionamento, pero haberá que buscar mais profesorado, porque o vindeiro curso, ademais, haberá outro de iniciación.
José. L. Tielas informou que nestes momentos hai unha lista de espera de tres anos para acceder aos cursos de director de banda en Xinzo. Tamén estaxe a programar o grao de Master para dentro de dous anos.
Rematado o ano académico farase un concerto en xuño no que participarán todos os alumnos/profesores deste curso. Tamén participarán a agrupación da Limia, a Banda de Tenorio e a de Bembrive. Desta maneira algún dos alumnos tomarán contacto coa dirección dunha banda.
Rematado o acto o alcalde e os concelleiros acompañaron aos directivos da agrupación nunha visita polas remozadas instalacións.