Tarde/noite de diversión no Samaín
Xogos, talleres e premios para case todos ao longo da tarde
A Concellería de Cultura un ano máis foi a responsable da organización do Samaín, neste caso con moitas dúbidas polos pronósticos de chuvia pero quedando unha tarde noite cunha temperatura mási que agradable para disfrutar de todo o que estaba programado.
A praza Maior de Xinzo foise enchendo de rapaces, nenos e pais que participaron activamente en todo o programado dende primeiras horas da tarde ata ben entrada a noite.
Primeiro foron os talleres de cabazas e de postais e despois as lambetadas de “medo” . Non faltaron as adiviñanzas que tiveron tamén os seus premios.
Non faltou por suposto a chocolatada, e despois unha exhibición de baile de rapaces a cargo de dúas escolas da vila.
O Concello quere agradecer a todas aquelas entidades que colaboraron para que a festa resultara un éxito, a os establecementos de hostalería O Patio, Dolmen, Encontro e 5 rutas así como as escolas de baile Danzón e Fusión Fitness e ás ANPAS dos CEIP de Xinzo.