O teatro Principal cheo ata a “bandeira” para escoitar a Banda de Gaitas
Moitos foron os limiáns que se desprazaron ata Ourense, encabezados polo alcalde que estivo acompañado por membros do seu goberno e da oposición
Unha a unha, os membros da Banda de Gaitas e Percusión do Concello de Xinzo, acompañados doutros músicos de outras formacións, foron presentando as cancións que forman parte do último disco editado pola formación musical titulado SONHORAS, facendo alusión a que xa facía tempo que estaba no "forno", pero que se facía de rogar.
Agradecementos por oparte do director da banda
Ademais das intervencións da limián Belén Rivero, como presentadora e mestre de cerimonias, tamén tomou a palabra en varias ocasións o director para entre outras cousas agradecer a todos os presentes o haberse achegado ata Ourense, as autoridades e sobre todo a todos aqueles que ao longo dos trinta anos de historia da formación artística formaron parte dela, e que grazas a todos se chegou ata este aniversario.
Noutro momento fixeron subir ao escenario a Fariñas, para que interpretara unha peza cun cuarteto, todos eles compoñentes actuais da formación musical.
Xoan, director do concerto quixo agradecer persoalmente aos músicos de metal , piano, guitarras e vento que acompañaron, aos compoñentes habituais da formación, e que están sempre e cando se lles chama para calquera actuación. Ademais o director foi saudando un por un polo seu nome e “alcume” nos seus, casos a todos os que participaron no concerto e a aqueles que por diferentes motivos persoais e xustificados onte estaban con eles aínda que dende lonxe.
O público despois da petición de varios “bis” despediu aos músicos postos en pe no patio de butacas con aplausos que duraron varios minutos.
Noite de música e emocións, a que se viviu no teatro Principal de Ourense, cheo de limiaos e limiáns que non quixeron perder a celebración do trinta aniversario do nacemento da Bande de Gaitas e Percusión do Concello de Xinzo de Limia no recen estreado 2019.