Xinzo de Limia Cultura

Xinzo acolle as presentacións de A luz da chuvia e Antela Fútbol Club Centenario

Hoxe, xoves 26 e mañá  venres 29 de decembro ás 20:00h terán lugar as presentacións de dúas obras literarias na Casa da Cultura de Xinzo de Limia

Presentacións libros nadal 2019

Delfín Caseiro e Antón Jardón presentarán hoxe  xoves 26 de decembro a súa obra A luz da chuvia. Un encontro que contará coa intervención do escritor Antón Riveiro Coello.

Caseiro e Jardón son ambos membros do Padroado do Museo da Limia e colaboradores co Centro de Cultura Popular da Limia na edición da revista Lethes. No seu libro A luz da choiva narran unha crónica amena de tempos pretéritos, de andar camiños de terra que levan carros de persoas dun lugar a outro, de comunicación íntima coa terra produtiva, coa natureza entusiasta.

O día seguinte, venres 27 de decembro na mesma Casa da Cultura de Xinzo ás 20:00h, Edelmiro Martínez Cerredelo presentará o seu libro, Antela Fútbol Club Centenario, un percorrido pola historia deste club entre os anos 1919 e  2019. O acto presentarao Patricia Santana e intervirán tamén o Responsable de publicidade do Antela FC, Pablo Losada Rodríguez; o patrocinador principal do Antela FC e profesor de Tecnoloxía e Divulgador, Pablo García Vivance; e o escritor e fillo predilecto da vila, Antón Riveiro Coello.