Xinzo de Limia Cultura

Xinzo de Limia celebra o Día da Nai con "Loló e mamá" no auditorio "Ángel Cotxo"

Unha representación da relación entre filla e nai

IMG-6501
Loló e mamá

O domingo día 6, ás 19:30 da tarde, tivo lugar a representación da obra “Loló e mamá” no auditorio da Casa de Cultura. No Día da Nai, a obra expuxo as desavenencias entre o amor e a dependencia dunha nai coa súa filla e viceversa..
A este acto asistiron todo tipo de persoas, pero sen dúbida, houbo unha maior afluencia de nais que visualizaron a parte tráxico cómica da relación materno filial ao longo da vida.


A nai de Loló, tras quedar no paro, decide instalarse no piso da súa filla. Esta situación, que nun momento parecíalles idílica, comeza a ter os efectos contrarios do esperado: querían achegarse a unha á outra pero, esa convivencia, cada vez sepáraas máis. Unha obra onde se suscita unha cuestión generacional: o coidado e o cambio de rol dunha muller ao longo da súa vida, de nena a nai e de nai a nena.

Marabillosas as dúas actrices, Stephy Llaryora e Josy Lage, que manteñen en albas ao público durante toda a obra e grazas a todas as nais, porque elas son as protagonistas do día que celebramos onte.