A PRÓXIMA E ÚLTIMA XORNADA DA SEGUNDA DIVISIÓN (GRUPO SUR) DA LIGA GALEGA DE FÚTBOL FLAG SERÁ DETERMINANTE PARA MANTER O PRIMEIRO POST
ANTIOQUÍA DEMONS COLÓCASE PRIMEIRO NA CLASIFICACIÓN
O bloque limiá gana os dous encontros disputados en Vigo e sitúase líder con un balance de seis vitorias e unha derrot
Xinzo de Limia, 24/6/2018-.
Antioquía Demons gañou hoxe os dous encontros disputados no campo de Fragoselo (Vigo) ante Pontevedra Canteiros B e Vigo Guardians Femenino. Con isto, o conxunto limiá sitúase líder na clasificación con un balance de seis vitorias e unha derrota, que sufriron a pasada xornada ante o equipo olívico Guardians B.
Comezou un caloroso día e os xogadores de Antioquía Demons desprazáronse ata Vigo para disputar a penúltima xornada da Segunda División (Grupo Sur) da Liga Galega de Fútbol Flag. O primeiro triunfo do día chegou contra Vigo Guardians Femenino. Antioquía Demons volveu a tirar de oficio e conseguiu unha nova vitoria por un avantaxado 45-13. Os da Limia mostraron unha boa versión e deixaron claro as ganas dos xogadores de colocarse como un dos favoritos para conseguir o título.
No segundo e último partido do día Antioquía Demons enfrontouse a Pontevedra Canteiros B aos que gañaron con un axustado 20-25. Gracias a este triunfo o bloque limiá sitúase primeiro con seis vitorias e tan so unha derrota, conseguindo a clasificación matematica para o play-off de ascenso. A próxima xornada que será o día 6 de xullo, os antelanos xogaranse o primeiro posto con Vigo Guardians B, que hoxe perdeu contra Canteiros e suma en total cinco triunfos e dúas derrotas.