Arrancou a liga Galega de baloncesto pre-infantil para o equipo de Xinzo
Primeiro partido de rivalidade provincial contra o Carmelitas
As xogadoras do equipo pre-infantil da Escola Municipal de baloncesto debutou na liga Galega enfrontándose a un dos equipos veteranos da categoría, e acostumado a esta competición, o Carmelitas de Ourense. As locais un pouco máis nerviosas nos primeiros minutos do partido chegaron a ir de 20 puntos abaixo.
Unha vez chegado o descanso e despois da charla do seu adestrador Luís M. gañaron os dous últimos cuartos, pero non tiveron tempo de facer a remontada total perdendo por 52-65.
O equipo que forman Sabela, Raquel, Sabela, Helena, Cris, Paula, Luis(Adestrador) e Angy Lucía, Peque e Patri presentouse a afección de Xinzo cos trofeos acadados na tempada pasada xunto co coordinador do club, David, acompañados nesta ocasión tan especial polo alcalde da vila Manuel Cabas.