Carreira popular de Xinzo de Limia
A competición reunió a mais de 200 participantes
Esta mañá celebrouse a carreira popular de Xinzo de Limia. Tal e como estaba previsto, a competición comezou ás 10:40 da mañá no Pavillón de deportes.
A carreira de 10 Km, única homologada pola federación correspondente dende o ano pasado, contou con máis de 200 participantes.
Trala carreira absoluta, dirixida aos adultos, celebráronse outras probas para os máis pequenos, con percorridos diversos adaptados ás súas idades nas categorías de infantil, alevín, cadetes, prebenxamín e benxamín. A pesar do frío e a choiva, os nenos e nenas realizaron o percorrido entre os aplausos cariñosos do público.
Finalmente, no pavillón de deportes, celebrouse a entrega de premios á que asistiron o alcalde López Casas e o Concelleiro de Deportes Luís M. GilX