MÁIS DE 150 NENAS E NENOS DE 4 A 12 ANOS.
COMEZA O CAMPUS DE VERÁN EN XINZO DE LIMIA
O campamento oferta un servicio madruga dende as 9.00 horas para facilitar a conciliación familiar.
Xinzo de Limia, a 03 de xullo de 2023. No Concello de Xinzo de Limia comezou este luns día 3 o Campus de Verán para crianzas de 4 a 12 anos. Durará todo o mes de xullo e está promovido polas Escolas Deportivas. As actividades realizaranse en horario de 10.00 a 13.30 horas. Máis de 150 nenas e nenos disfrutarán durante este mes de xullo do Campus de Verán.
Ademáis deste campamento e das múltiples actividades que xa se fixeron (roda de Capoeira, Torneo de Baloncesto Vilas Internacional, XinzoFit23, os campus de ximnasia, futbol e basket; e o torneo de fútbol 7 en Piñeira Seca), a oferta deportiva para o verán en Xinzo de Limia é atractiva e variada. A Concelleira de Deportes, Cristina Campero, aproveitou o inicio deste campus para lembrar o resto de actividades previstas durante o verán, sen contar “outras ideas que están sobre a mesa, como por exemplo a creación dun torneo de fútbol sala feminino”.
8 e 9 de xullo: torneo de Fútbol 7.
Do 10 ó 30 de xullo: torneo de Tenis Vila de Xinzo.
15 e 16 de xullo: maratón de Fútbol Sala nas Festas de Santa Mariña.
Do 21 ao 23 de xullo: torneo de Pádel Vila de Xinzo.
Do 29 de xullo ó 6 de agosto: campus Salva Arco.
Do 31 de xullo ó 4 de agosto: campus Real Club Celta de Vigo.
5 de agosto: torneo 3x3 Baloncesto