Xinzo de Limia Deportes

Comeza a tempada 2018 no hipódromo de Antela

I Xornada de carreiras en Xinzo de Limia

11924236_904888332937624_8434637286516372956_n
11924236_904888332937624_8434637286516372956_n


O próximo domingo día 8 de abril comeza a tempada de carreiras noHipódromo de Antela. A partir das 11 h e ata as 14 h. Disputaranse cinco
competicións, dúas delas serán de trote enganchado cunha distancia de 1700
m. A primeira celebrarase ás 11 h coa disputa do Premio Ourense. Na
segunda, programada para as 13:40 h, competirase polo Premio Ourense
Termal.
As probas de Galope comezarán ás 11:40 h coa disputa de Premio Ourense 1,
reservado a cabalos e eguas de máis de tres anos de pura raza arabe.
Ás 12: 20 h disputarase o Premio Ourense 2 para cabalos e eguas de Pura
Sangre Ínguas, de tres anos en diante e a distancia para percorrer serán 1000
m.
A mesma distancia terán que percorrer os cabalos árabes de máis de tres anos para facerse co trofeo
Premio Ourense 3 na terceira das carreiras do día.


NOVA XORNADA O 17 DE MAIO


Estas carreiras dan o pistoletazo de saída á Tempada 2018 de Turf no
Hipódromo de Antela, un período de xornadas de carreiras cheas de
intensidade deportiva que terán a súa próxima cita o día 17 de maio na proba
Clásica do día Dás Letras Galegas. Ademais do Turf, no Hipódromo de
Antela tamén se desenvolverán as probas da Spanish Amateur Cup e Raid no
mes de xullo, as probas da liga Interclubs de doma clásica e a II Copa
Deputación de Ourense de doma clásica.
Como complemento formativo, o día 14 de abril, a partir as 10 h, celebrarase
unha charla-coloquio sobre a alimentación do cabalo de Raid e sobre o estudo
dos regulamentos da tempada 2018.