Copa Deputación da Xornada de Orientación da Cruz Vermella en Xinzo
O evento comezará ás 10:30

O 10 de xuño celebrarase Copa Deputación da Xornada de Orientación da Cruz Vermella en Xinzo de Limia, máis concretamente, no Parque da Telleira.
O evento comezará ás 10:30 e as inscricións poderán realizarse de forma presencial na A Cruz Vermella ou por internet, na páxina www.limiactiva.com. O prazo para inscribirse acabarase o 7 de xuño. O prezo será de 5 euros, cos que se obterá un boleto do sorteo de ouro “Para acabar coa pobreza”.