O equipo de feminino do Club de Baloncesto de Xinzo, proclamouse campión provincial
O grupo gañou os 15 partidos disputados

Hoxe o equipo feminino do Club de Baloncesto de Xinzo, proclamouse campión provincial vencendo por un rotundo 68-28 ao equipo de Allariz na final disputada en Salesianos.
O equipo, nesta tempada que agora rematou, gañou os 15 partidos disputados tanto na liga regular como nas semifinais e na final.
Despois de acadar o primeiro posto, os dias 26 e 27 de maio trasladaranse a Estrada para competir polo galego. Posteriormente tamén competirán pola copa Deputación na súa categoría.
Parabéns a estas rapazas e o seu adestrador.