O equipo preinfantil femenino de baloncesto campión no torneo Internacional de Vila Real (Portugal)
Rematou o torneo sen perder ni un solo partido
No pasado fin de semana o equipo preinfantil femenino do club de baloncesto A.B. Xinzo acadou o primeiro posto no II Torneo Internacional Cidade de Vila Real organizado polo Basket Club Vila Real, chegando a final e gañándoa sen perder ningún partido durante todo o torneo.
MVP do Torneo
Cristina Rodrigues Rodríguez foi elexida dentro do mellor quinteto Femenino e como MVP do torneo en categoría femenina, premios individuais que acadou grazas o apoio e o traballo en equipo e das súas compañeiras.
Na 2° xornada xogaron tres partidos (Beira mar, Vila Real e Mirandela), gañando os tres.