Lourdes Mohedano asina no libro de honra do Concello
Foi recibida no salón de plenos polo Concelleiro de Deportes, en nome da corporación Local

Pasadas as 15 horas da tarde do sábado a ximnasta Lourdes Mohedano, foi recibida no Concello de Xinzo polo concelleiro de deportes Luis M. Gil en representación do grupo de goberno estando presentes dous concelleiros do grupo do PSdG-PSOE. Asinou no libro de honra do Concello e recibiu varios agasallos entre os que se lle entregou o pin de ouro coa imaxe da Pantalla do Entroido.
Agradecida a Xinzo de Limia por ser un pueblo abierto, acogedor y elegante y por esta amable acogida deseándole un futuro esperanzador a su juventud en el deporte y en la vida.
II Master Class a ximnastas e adestradores da provincia
Lourdes atópase en Xinzo dende a noite do venres para participar dunha Master Class de ximnasia rítmica no pavillón municipal. Asisten a xornada ximnastas da Limia, Ourense, Celanova e Maceda.