Os nenos e nenas do CEIP Casares visitan as instalacións deportivas de Xinzo de Limia
En todo momento estiveron acompañados de Protección Civil e da Policía Local
Hoxe día 23, ás 10.30 da mañá, os tres grupos de 2ª de Infantil do CEIP Carlos Casares, acompañados por protección Civil, a Policía Local e o Concelleiro de Urbanismo, Ricardo Sieiro, visitaron as instalacións da piscina climatizada e o pavillón de deportes.
En primeiro lugar visitaron a piscina onde unhas monitoras explicáronlles os estilos de natación, ensináronlles a piscina, faláronlles das actividades que alí se realizan e contáronlles para que servían os aparellos de ximnasio.
En segundo lugar, visitaron o pavillón de deportes, onde os monitores Öscar e David ensináronlles as instalacións; tamén realizaron unha miniclase de zumba co monitor Óscar.
Tras todo isto, os nenos foron obsequiados cunha pañoleta e, para finalizar a visita, xantaron no Campo do Toural. Os pequenos e pequenas pasárono moi ben, e realizaron estas visitas con curiosidade e alegría.