Nova edición do clinic da fundación Celta de Vigo
Dende hoxe luns ata o mércores no campo Jose A. Fernández Carreira

Hoxe luns 15 de Abril de 2.019 deu comezo o clinic deportivo organizado pola fundación Celta de Vigo en colaboración co Concello de Xinzo e as EDC Xinzo, contando cunha participación de máis de 50 rapaces e rapazas inscritos
Durante este clinic, dirixido a menores con idades comprendidas entre os 6 a 13 anos e que se levará a cabo ata o vindeiro mércores día 17 de abril en horario de 10:00 a 14:00 horas no estadio José Antonio Fernández Carreira, realizaranse múltiples actividades dirixidas exclusivamente por técnicos da propia Fundación Celta.