Xinzo de Limia Deportes

Oferta Deportiva 2023-2024

Máis de dez tipos de actividades deportivas pensando nas diferentes idades, gustos e necesidades da poboación.

Oferta Deportiva 23-24
Oferta Deportiva 23-24

Xinzo de Limia, a 20 de setembro de 2023.  O Concello de Xinzo de Limia cre firmemente no deporte coma unha fonte inesgotable de saúde. Mostra disto é a ampla oferta deportiva, con máis de dez tipos de actividades e pensando nas diferentes idades, gustos e necesidades da poboación.

Segundo Cristina Campero, concelleira de Deportes, “tomámonos moi en serio contribuír na mellora da calidade de vida das veciñas e dos veciños. Dende este Concello sempre fomentaremos o deporte como actividade imprescindible na vida de tódalas persoas”.

Durante os últimos días deu comezo o prazo de preinsrición, que estará aberto ata que comecen as clases. Pódeste preinscribir nas actividades que desexes de xeito presencial no pavillón de deportes ou nas piscinas climatizadas, ou de xeito online enviando un email a [email protected], cubrindo o formulario online que atopas na sección de anuncios da páxina web do Concello, ou escaneando o código QR do folleto de actividades.

 

Consulta o seguinte documento para toda a información:   Oferta Deportiva 23-24

Inscríbete a través do seguinte formulario: https://forms.gle/sKBtHtQoJ23cbBxi6