Xinzo de Limia Deportes

OFERTA DEPORTIVA NO CONCELLO DE XINZO DE LIMIA PARA A TEMPADA 18/19

A oferta deportiva ofrecida pola Concellería de Deportes e polos clubes e escolas deportivas do municipio limián destaca pola súa variedade

IMG-20180924-WA0006

A Concellería de Deportes do Concello de Xinzo de Limia vén de iniciar a nova tempada deportiva no municipio coa apertura do prazo de inscripcións dende onte luns, día 24 de setembro, das actividades que empezan en outubro; ás de competición xa empezaron en agosto e setembro.

Por unha banda, a propia concellería ofrece actividades como cachibol para maiores de 60 anos, ximnasia de mantemento, aerobic, aquagim, pilates, natación e matronatación –preparación para o parto–.

Así mesmo, continúan as actividades dos diferentes clubes deportivos do municipio. Neste senso, os interesados poderán inscribirse nas especialidades de ximnasia rítmica, educación física de base, ximnasia estética, trampolín, fútbol e fútbol 8 dentro da entidade deportiva E. D. C. Xinzo; en atletismo, orientación e duatlón con A. D. Limiactiva; en tenis co Clube de Amigos do Tenis Xinzo; en baloncesto no A. B. Xinzo; en fútbol flag na Antioquía Demons; kárate na Escola Kárate Xinzo e Club Kárate Xinzo; kickboxing no Kickboxing Club Xinzo; bádminton no Independiente Badminton Club; e hípica no Club Deportivo Equestre.

Dende a concellería de Deportes da capital limiá afirman que “Xinzo é un Concello cunha gran tradición deportiva e variada”.

Os interesados en obter máis información ou inscribirse a algunha das modalidades, escolas ou clubes; poden facelo na oficina do Pavillón de Deportes da capital da Limia de luns a venres en horario de mañá e de tarde, no teléfono 988461020 ou a través da dirección de correo electrónico [email protected]