Onte ás 10.30h comezaron os campamentos “Deportivo” e Urbano deportivo” de Xinzo
170 nenos e nenas están inscritos este ano
Como todos os anos a Concellería de Deportes, Educación e Xuventude do noso Concello organiza, en colaboración cos clubes deportivos A. B. Xinzo, A. D. Limiactiva e E. D. C. Xinzo; durante todo o mes de xullo os seus xa tradicionais campamentos deportivos e campamento urbano deportivo.
O primeiro deles está preparado para nenos e nenas nados dende o 2005 ata o 2007. O segundo para os nados de 2012 e 2013.
Dúas serán as quendas dos campamentos sendo a primeira dende ó día 2 ata ao 13 e a segunda dende ó 16 ao 31.
TODO DEPORTE
Así se denomina o campamento para os “maiores” no que se tocarán moitas disciplinas deportivas, como son, baloncesto, fútbol, ximnasia deportiva, xogos deportivos e atletismo orientación.
O horario será en sesión de mañá, comezando as 10:30 e rematando ás 13:30.Loxicamente e estando no mes de xullo todos os días rematarán a xornada na piscina municipal.
CAMPAMENTO URBANO DEPORTIVO
Os máis cativos terán tamén o seu campamento, no que ademais de deporte farán outras actividades na casa de Cultura. No mesmo horario e nas mesmas quendas que o anterior.
VISITAS E VIAXES
Ademais das actividades en Xinzo, todos os participantes nos dous campamentos terán saídas. Os maiores irán a Cerdeda e os pequenos visitarán este mesmo xoves as instalacións do Hipódromo de Antela.
Estes campamentos totalmente municipais contan para o desenrolo de todas as actividades deportivas e culturais cos Monitores Técnicos educativos e deportivos do Concello, así como cós monitores deportivos dos clubs A.B.Xinzo; E.D.C. Xinzo e da A.D. Limiactiva.