Rematou a tempada 2018/19 de Baby-Basquet outro ano máis en Xinzo
A sexta concentración deste ano encheu as pistas do pavillón
Máis de 150 participantes de 10 clubs da provincia en 14 equipos participaron na última concentración de Baby-Basket desta tempada.
Durante toda a tarde os 16 equipos xogaron entre todos nas tres pistas habilitadas nas instalacións do pavillón de Xinzo.
Pasadas as 18 horas e coa presenza do alcalde e concelleiro de deportes , así como representantes da Federación Provincial de baloncesto, fóronlle entregadas medallas a todos os participantes, recordar que nestes partidos non hai anotación. Despois da foto de familia a cal asistiron todos os acompañantes desde as gradas, a familia de baby-basket despediuse ata tempada 2019/20.
Xinzo como anos anteriores foi escollido pola federación de baloncesto fruto do convenio asinado fai uns meses.