Xinzo de Limia Deportes

Segunda xornada de carreiras no hipódromo de Antela

O venres 17 adicadas as Letras Galegas

17 mayo cartel

A segunda Xornada de Carreiras da tempada 2019, dedícase ao día das Letras Galegas. Cada unha das Carreiras está dedicada a unha das obras de Antonio Fraguas que son as que darán titulo aos Premios que se disputan neste día.

turf_antela_010

Comeza a Xornada co Premio “Galicia Insólita (1973)” con saída ás 11 h sobre unha distancia de 1200 m. reservado a cabalos de Pura Raza Árabe.

 Ás 11: 40 h teremos o Premio “Xeografía de Galicia (1953)”sobre unha distancia de 1200 m. pero esta vez para cabalos Pura Sangre Ínguas.

 Ás 13 h chega a quenda para as carreiras longas de Pura Raza Árabe, sobre 1800 m. dispútase o Premio “ Do Entroido (1994)”

Como remate final ás 13:40 h o Premio “Antón Fraguas Día Dás Letras Galegas 2019” sobre unha distancia de 1800 m para cabalos Pura Sangre Ínguas. Tamén estarán presentes os cabalos galegos entre carreira e carreira da man da Asociación Cabalo Galego.

Jornada 17 mayo partants