Xinzo de Limia Deportes

Xinzo acolle o Campionato Galego de Atletismo 10K

  • Segundo os ritmos de inscrición, prevense aproximadamente uns 500 corredores entre as diferentes categorías.

  • Con este campionato, Xinzo sitúase novamente no epicentro do atletismo autonómico.

10K 5K Xinzo de Limia
10K 5K Xinzo de Limia

Xinzo de Limia, a 01 de marzo de 2024.  No día de onte tivo lugar a presentación do Campionato Xunta de Galicia de 10K que se desenvolverá o vindeiro día 10 de marzo no Concello de Xinzo de Limia. Ao acto acudiron o Alcalde Amador Díaz, o Vicepresidente da Federación Galega de Atletismo Eladio Gómez, a concelleira de Deportes Cristina Campero, o presidente da A.D. Limiactiva Miguel Ángel Díaz, os técnicos deportivos do Concello David Carnero e Oscar Gómez así como Juan Seara, membro da directiva da A.D. Limiactiva

Con este campionato, Xinzo sitúase novamente no epicentro do atletismo autonómico como xa fixera o ano pasado co desenvolvemento do Campionato absoluto de campo a través e máis recentemente, ca celebración do seu popular Cross de Antioquia, desenvoltas todas elas cun notable éxito organizativo. Para esta edición, unha vez máis a Asociación Deportiva Limiactivia estará presente na colaboración das distintas tarefas organizativas que entraña un evento destas características.

Paralelamente ó desenvolvemento do campionato, tamén haberá ocasión para que todos aqueles e aquelas persoas que o desexen, poidan estar participando nesta cita atlética nas categorías populares. Para elo a organización ten previsto a disputa dunha proba homologada dun 10 K. e 5 K. para as categorías Sub20 e superiores así como carreiras para os máis pequenos con distancias adaptadas  que van desde os 2 ata os 16 anos. Segundo os ritmos de inscrición, prevense aproximadamente uns 500 corredores entre as diferentes categorías. Para estas probas, o prazo de inscripción remata o día 6 de marzo, na páxina web carreirasgalegas.com.